O Entroido no CEIP Manuel Sueiro empezouse a preparar con días de antelación pois o 21 de febreiro o alumnado de 1º e 2º ciclo participou nun obradoiro de comadres e compadres:
O 27 de febreiro os nenos e nenas de 3º e 4º foron á Praza Maior a correr o xoves de comadres. Como podedes ver nas fotos foi moi divertido, ademais algúns tiveron a sorte de saír na prensa e incluso na televisión.
Nin que decir ten que durante toda a semana estivemos obedecendo as ordes do Meco e a Meca do entroido.
E de mentres, os traxes íanse confeccionando aos pouquiños, día tras día para lucilos finalmente na festa do entroido.
Para ver as fotos do entroido vai á galería de fotos ou fai clic aquí: fotos do entroido.
Se queres ver o vídeo do desfile de comparsas no colexio clica abaixo.