O 27 de xaneiro os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º foron ao Auditorio Municipal a ver unha representación de títeres en inglés chamada: Martin´s Journey. A compañia que a presentaba era Titiriguiri, teatro de títeres.
Martin´s Journey é a historia dun porquiño que loita contra o que un día lle dixeron que tiña que ser o seu destino. É a historia da superación de Martín, o protagonista, enfréntadose aos seus propios medos e emprendendo unha viaxe na búsqueda do que máis lle gusta.