Neste curso, o P.D.I. ten como temática do curso escolar 2021/2022 “O Sueriño a diversidade respecta... TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA” que nos mostra a necesidade de traballar xuntos para coidar e preservar o medio ambiente.
Dende a área de Relixión nos centramos na creación de Deus de toda a natureza que nos rodea. E traballamos nesta temática cos cursos 1º de Primaria e 2º Primaria.
Os nenos e nenas realizaron un traballo acerca da creación de Deus baseada no relato da la Biblia nos capítulos un e dous do libro de Xéneses. Nestes capítulos relátase como se formou a natureza e os seres vivos que nela viven e como Deus lle deu ao home e á muller unha instrución para que coidaran a súa creación.
Deus fixo a terra para que fora un fogar fermoso para a humanidade, ao ver a súa Obra cualificouna de “moi boa” e encomendou ao home para que a cultivara e a coidara.