O 5 abril, catro alumnas da Facultade de Educación Primaria desenvolveron no noso centro un obradoiro de vermes de seda onde os nenos puideron observar exemplares naturais, repasando o proceso metamórfico desta especie, dende os ovos ata a bolboreta.
Unha vez finalizada a exposición o alumnado participante plasmou con diversos debuxos o que máis lles gustou da exposición.
Foi unha experiencia moi enriquecedora para todas as persoas asistentes.