Desde o 11 de xaneiro, e ata o 8 de febreiro, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES As Lagoas. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro:
- ANEXO I debidamente cumprimentado, ou ANEXO I en liña.
- Formulario de previsión de matricula.
- Fotocopia do DNI.
A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2022).
Se non desexa solicitar praza en dito instituto, pero presentou o ANEXO I, deberá facelo constar por escrito no IES As Lagoas antes do inicio do proceso de Admisión. Posteriormente deberá solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo, entregando o ANEXO II, debidamente cumprimentado, no centro que desexe continuar os seus estudos.
O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten Reservada praza de oficio no centro polo dereito de Permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.
DOCUMENTOS RESERVA DE PRAZA PARA O IES AS LAGOAS |
DESCARGA |
Reserva de praza. Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro. ANEXO I. | |
Formulario de previsión de matrícula no IES As Lagoas | |
Renuncia á reserva de praza no IES As Lagoas | |
Circular enviada ás familias |
Desde o día 1 de marzo, e ata o 21 do mesmo mes, está aberto o prazo de solicitude de praza no noso centro para novo alumnado ou procedente doutros centros educativos (a partir do día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento). Por mor da previsión de matrícula, para o próximo curso, non deixen a solicitude de praza para última hora.
O procedemento está regulado polo Decreto 254/2012, a Orde do 12 de marzo de 2013 que o desenvolve, a Orde de 25 de xaneiro de 2017 que a modifica (Ordes refundidas) e a Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
- Vacantes ofertadas para o curso 2022/2023.
DOCUMENTOS |
DESCARGA |
Solicitude de praza no centro do 1 de marzo ao 22 de marzo. ANEXO II. | |
Solicitude en liña na web da Consellería de Cultura e Educación. ANEXO II en liña. | |
Tríptico informativo dos servizos do cole |
- Listado de vacantes para o curso 2022/2023.
- Lista provisional de admitidos e non admitidos. (Todas as persoas solicitantes de praza para o curso 2022/2023 obtiveron praza.
- Lista definitiva de a de admitidos. Todas as persoas solicitantes de praza para o curso 2022/2023 obtiveron praza.
O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño. Poden adiantar a súa formalización ao 1 de xuño na secretaría do centro.