Alá polo mes de setembro de 2020, comezamos a nosa andaina polo camiño do autocoidado e a reciprocidade no coidado, recibindo a visita das enfermeiras do Servizo Galego de Saúde, para axudar aos nosos/as SUPERHEROES na tarefa de promover un xeito de vida saudable, poñendo en valor o traballo de enfermeiros e enfermeiras no International Year of the Nurse 2020.
Lembrade a súa visita no enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1577
Naquela visita, fixemos entrega do libro Florence Nightingale, a pioneira en facer da hixiene nos hospitais parte fundamental na mellora das enfermidades. E tamén, recoñecer que foi a primeira muller que recibiu a ORDER OF MERIT de mans da raíña Victoria da Gran Bretaña.
E agora, que o noso proxecto, TAKE CARE OF ME, TAKE CARE OF US, chega ao seu fin, pechamos cunha actividade sobre Florence Nightingale, THE LADY WITH THE LAMP.
Coñecemos mellor a súa historia co libro “Florence Nightingale” da Ed. Shackleton Books, colección “Mis pequeños héroes” e cos vídeos