Este curso o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participará no proxecto EDIXGAL que implica que traballarán nunha aula dixital. As aulas dixitais están equipadas para ofrecer ao alumnado unha experiencia educativa adaptada ás súas necesidades que se desenvolven nunha contorna tecnolóxica.
Dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun portátil para o/a profesor/a e dun ordenador por alumno/a. Ademais, contan con conexión Wifi para que o alumnado poida acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo.
O alumnado ten á súa disposición os contidos de todas as materias correspondentes ao seu curso na plataforma virtual de aprendizaxe. Isto significa que non emprega libros en papel. Pode acceder a esta plataforma desde calquera ordenador con conexión a Internet e empregando as claves que se lle entregan na clase. Tamén pode acceder á plataforma sen ter conexión a Internet, a través do programa que xa vai instalado neste equipo. Deste xeito, en caso de que non dispoñan de conexión a Internet na casa, poderán seguir o curso sen dificultade. Calquera avance que realice sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o portátil volva a ter conexión a Internet.
Nas seguintes ligazóns podedes ampliar información sobre dito proxecto: