O alumnado de 2º de Ed. Primaria traballou ao longo do primeiro trimestre o libro titulado "Mercedes quere ser bombeira", como actividade central do PDI da biblioteca, xa que este é un conto para nenos e nenas que deberían ler as persoas adultas.
Ensinamos e aprendemos a ser homes e a ser mulleres, a ser iguais e a ser diferentes á vez que transmitimos e configuramos as nosas filias e as nosas fobias.
A igualdade entre os xéneros non é só unha postura ética e cívica, senón unha imperiosa necesidade nas nosas vidas e as nosas sociedades, é unha esixencia humana.
Hoxe a clase estará dedicada a que cada un conte que quere ser de maior: veterinaria, arquitecto, taxista, xardineiro… bombeira. Mercedes quere ser bombeira. Algúns dos seus compañeiros non ven problema na vocación de Mercedes, pero outros non cren que sexa unha profesión de mulleres.
A partir deste intre abrirase un debate na clase no que se apreciará o importante que é a educación recibida polos mozos tanto na escola como na casa.
Para trabalar esta temática coeducativa realizamos as seguintes actividades, unha vez rematada a lectura e debate do conto: