Ao longo do curso traballouse sobre Dinamarca, tema deste P.D.I.
- No entroido disfrazáronse de fichas de Lego, invento dun danés.
- Na aula traballáronse os contos de Andersen. De cada un deles procurouse extraer os valores que encerraban:
- En “A princesa e o chícharo” (La princesa y el guisante) atopouse o valor da solidariedade, a bondade e o respeto. Tamén o inxenio, a caridade, a gratitude e o de non deixarse levar polas apariencias.
- En “A nena dos mistos” (La niña de los fósforos) atopouse o valor da responsabilidade, a solidariedade, o respeto e a bondade.
- No “Traxe novo do Emperador” (El traje nuevo del emperador) a verdade e a sinceridade. Tamén a inocencia dos nenos que sempre din a verdade.
- En “Os cinco chícharos” (Los 5 guisantes en una vaina) apreciouse que o máis insignificante dos obsequios, por sinxelo e pequeño que sexa, pode lograr verdadeiros e asombrosos beneficios a quen os recibe.
- No “Soldadiño de chumbo” (soldadito de Plomo) o valor do esforzo, da perseveranza, da superación e sobre todo do poder do amor, incluso máis alá da norte.
- Na “Sereiña” (Sirenita), o amor, a lealdade, a honestidade e unha mensaxe que ten que ver coa eternidade.
- E no “Parruliño feo” (el patito feo), a aceptación personal e a necesidade de mellorar a autoestima: aprender a quererse tal como eres e buscar quen te valore e saiba contemplar a túa beleza.