O traballo comezou a mediados do mes de setembro seleccionado os libros nos que o tema central é “O traballo en equipo” “A amizade” “As relacións persoais” “Superación de dificultades”. Os libros seleccionados para todo o curso escolar son os seguintes:
Ademais de estes libros, é importante destacar a lectura das seguintes páxinas de internet que nos axudaron a traballar en equipo e que as relacións na aula fosen mellor.
1º TRIMESTRE:
Os libros seleccionados foron os seguintes:
A partir do inicio da lectura do libro “Siete reporteros y un periódico” permitiunos centrar a actividade que se ían realizar durante o mes de outubro, neste caso a visita o día 6 de outubro da autora Irma Ruth del Ángel. Desta forma o alumando de 5º de Educación Primaria non só exerceron de entrevistadores coa autora, senón que tamén organizaron e deseñaron 4 paneis nos que se relataba a vida e obra de Irma Ruth del Ángel.
O segundo dos libros “Detective en chanclas” e “El club de los raros” permite centrar a actividade realizada na 3º semana do mes de novembro a cal consistía en identificar e coñecer as necesidades dos nosos compañeiros/as do CEIP Manuel Sueiro. Na hora de ler nos permitiu establecer cales eran os indicadores para poder saber o que buscábamos sendo bos detectives.
2 º TRIMESTRE:
Neste trimestre centrámonos nos seguintes dous libros:
Ademais de estes libros, é importante destacar que neste segundo trimestre o interese do alumnado nos xogos de mesa, sobre todo cando remataban as tarefas de aula o cal tiven que reorientar a hora de ler buscando as seguintes páxinas que lle serviron para fomentar o traballo en equipo e colaborativo. O primeiro polo que se interesaron foi polo parchís e logo polas damas. As páxinas web traballadas son as seguintes:
A partir do inicio da lectura do libro “Sito Kesito y su robot gigantesco” permitiunos centrar a actividade e a decisión da máscara do Entroido que se ía a celebrar o 9 de febreiro, neste caso, a decisión final foi a de ir disfrazados de minions.
3º TRIMESTRE:
No terceiro trimestre a lectura centrouse nos seguintes dous libros:
Ademais de estes libros, é importante destacar o interese polos xogos de mesa que permitía alcanzar un dos obxectivos prioritarios do PDI: O traballo en equipo fomentando a relacións persoais e a comunicación. A lectura neste trimestre centrouse nas seguintes páxinas de internet que nos axudaron a traballar en equipo e que as relacións na aula fosen mellor.
As actividades realizadas no terceiro trimestre céntranse no libro lido no primeiro trimestre “Siete reporteros y un periódico” o cal segue permitíndonos centrar as diversas actividades que se ían realizar durante este terceiro trimestre, neste caso:
O desenvolvemento das actividades ao longo do curso tivo aspectos positivos e negativos xa que a xestión de traballos en equipo implica que a motivación, establecer obxectivos comúns e o entendemento entres os diferentes membros dos equipos son complexas.
Como aspectos positivos, o aumento das relacións entre o alumnado establecido a través da lectura, non so dos libros senón tamén a través das páxinas webs que permitiron coñecer cales son las regras dos diferentes xogos de mesa: parchís, damas, xadrez e dominó.
Como conclusión, destacar que cando as persoas traballan en equipo, é indiscutible que se melloran os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.