Eventos
O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria realizará o obradoiro ENTROIDO: XOVES DE COMADRES o xoves 16 de febreiro de 2023.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizará a actividade OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS o mércores 8 de marzo de 2023 ás 10:00 horas.
O alumnado de Educación Infantil realizará o obradoiro "VERBATECA. LABORATORIO DE PALABRAS" o jueves 9 de marzo de 2023. Realizaranse dous obradoiros. O primeiro á 10:00 horas para o alumnado de 4º e 5º de Educación infantil e o segundo ás 11:30 horas para o alumnado de 6º Ed. Infantil.
O mércores 15 de marzo de 2023 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizará a visita ás dependencias da Policía Local de Ourense. Á visita será ás 10:00 horas e a saída do colexio ás 09:15 horas.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizará o obradoiro ENCONTROS CO AUTOR o venres 17 de marzo de 2023 ás 09:45 horas no CEIP Mestre Vide.
O venres 17 de marzo de 2023 realizaremos no centro o Obradoiro de Xogos Populares levado a cabo pola fundación Xaquín Lorenzo en horario de 12.00 a 14:00 horas para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria