Eventos
O venres 6 de maio de 2022 ás 12.00 horas o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º asistirá ao contacontos que leva por título "Luuuuume". A continuación o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria realizará o taller relacionado coa lectura do libro.
O mércores 11 de maio José Bailón realizará dous obradorios centrados nas Abellas. A primeira sesión será de 09:15 horas a 10:30 horas co alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria. A segunda sesión realizarase a continuación co alumnado de Educación Infantil.
O alummado de 5º e 6º de Educación Primaria realizará a actividade VISITA A POLICÍA LOCAL o 11/05/2022.
O alummado de 6º de Educación Infantil e o alumnado de 1º de Educación Primaria realizará a actividade VIALÍN. AUTOESCOLA PARA PEQUES o venres 13/05/2022 ás 10:00 horas.
O alummado de 6º de Ed. Infantil e o 1º de Educación Primaria realizará a actividade PASEA POLA TÚA CIDADE o 19/05/2022.
O venres 20 de maio ás 09:00 horas o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria asistirá a unha charla sobre a edición de libros na aula de psicomotricidade.
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizará un paseo polo río Miño o 31 de maio de 2022.
O alummado de 5º e 6º de Educación Primaria realizará a actividade INTRODUCIÓN AO CULTIVO DE PLANTAS ORNAMENTAIS o 03/06/2022 de 10:00 horas a 12:00 horas.