Eventos
O martes 10 de marzo de 2020 o alumnado de 6º curso acudirá ao liceo ás 11.00 horas para realizar a actividade que leva por título "DOBRAXE NA ESCOLA". A saída do colexio será en autobús as 10.30 horas.
O xoves 12 de marzo de 2020 o espectáculo "Rosalía. Todos por igual" visita o noso centro. Realizaranse dúas sesións.
* 1º sesión. Alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria.
* 2º sesión. Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.
Hoxe o alumnado de 6º de Ed. primaria participará nun obradoiro de primeiros auxilios que se desenvolverá no centro ás 10:00 horas.
A Xefatura territorial autorizou como día non lectivo o día 20 de marzo para o noso centro a petición do Consello Escolar.
O martes 24 de marzo o alumnado do CEIP Manuel Sueiro dos cursos 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visita as instalacións de Sogama.
O mércores 25 de marzo, realizaremos no colexio a actividade que leva por título "La Vuelta Junior" para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O horario da actividade será a seguinte:
1º) 10.40 a 11.30 horas. Sesión teórica.
2º) Sesión práctica.
2.1º) De 12.00 a 13.00 horas. Grupo de 3º e 4º de Educación Primaria.
2.2º) De 13.00 a 14.00 horas. Grupo de 5º e 6º de Educación Primaria.