Eventos
O 11 de febreiro de 2020 visita o noso centro o obradorio Proxecto Terra para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
O xoves 13 de febreiro de 2020 o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria acudirá a Praza Maior para celebrar o xoves de compadres.
O venres 14 de febreiro de 2020 o obradoiro "Ponlle as pilas ao teu bocata" visita o noso centro co seguinte horario.
* de 9.50 a 10.40 horas alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria.
* de 10.40 a 11.30 horas, alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
O xoves 18 de febreiro de 2020 ás 10.40 horas o PLan director visita o noso centro educativo para falar sobre a violencia de xénero ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
O alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria asistirá a charla de voluntariado que se realizará dende ás 09.30 a 10.30 horas.
Vacacións de Entroido
Vacacións de Entroido
Vacacións de Entroido
O xoves 5 de marzo de 2020 o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria acudirá ao Auditorio ás 12.00 horas para ver a ópera infantil "A frauta máxica"
O venres 6 de marzo de 2020 o alumando de 3º e 4º de Educación Primaria realizará a a actividade o "Os segredos dos franciscanos" ás 11.00 horas.
O martes 10 de marzo de 2020 o alumnado de 6º curso acudirá ao liceo ás 11.00 horas para realizar a actividade que leva por título "DOBRAXE NA ESCOLA". A saída do colexio será en autobús as 10.30 horas.
O xoves 12 de marzo de 2020 o espectáculo "Rosalía. Todos por igual" visita o noso centro. Realizaranse dúas sesións.
* 1º sesión. Alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria.
* 2º sesión. Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.