Eventos
Hoxe o alumnado de 5º e sexto de Ed. Primaria asistirá a unha charla do programa Plan Director.
O alumnado de 4º, 5º e 6º participará na exposición "Voando ao pasado" que organiza a Fundación Abanca na Praza Maior.
Hoxe celebraremos o magosto no patio do noso colexio. O alumnado do CIFP Portovelo realizará un obradoiro de Xogos co alumnado do centro durante a celebración do magosto.
Charla de saúde bucodental para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
O día 21 de novembro segunda charla do Plan Director para alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria.
Charla de saúde bucodental para o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.
Hoxe o alumnado de 5º e 6º, ás 10:30h, participará na 1ª sesión do XIII Obradoiro de Xogos populares e tradicionais que organiza a Fundación Xaquín Lorenzo.