CONVIVENCIA E BENESTAR
MURAL ENKI
A Fundación ENKI trouxo ao noso colexio a súa iniciativa solidaria para a sensibilización social en relación coas persoas con dificultades visuais e auditivas. Trátase da campaña de murais en lingua de signos e sistema braille en centros educativos, con apoio da Xunta e a Deputación da Coruña.
Se tes a posiblidade de entrar, o mural atópase no muro da cancela da entrada principal.
Descarga o tríptico informativo premendo na seguinte imaxe:
PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR
O Punto Laranxa Virtual e unha inciativa que funciona a modo de caixa de correo a través do cal o alumnado e familias poden comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.
O seu funcionamento é moi xinxelo, premendo na icona situada na lateral dereita da páxina que conta cunha imaxe común e uniforme para que sexa perfectamente identificada, accederase ao formulario totalmente anónimo onde poderase expresar as inquedanzas sobre posibles situacións de acoso escolar poñendo así en marcha o Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar. Destacar que o anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar,facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.
O Noso Punto Laranxa Virtual é unha iniciativa desenvolvida ao amparo do Plan integral contra estas condutas impulsado pola Xunta de Galicia co fin de blindar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas e que os centros escolares e os espazos de interacción da mocidade conten cos recursos necesarios para poder previr, identificar e actuar ante estas situación.
Además do formato virtual na nosa páxina web, disporemos dun formato físico coas mesmas características nas nosas instalacións accesible á toda a comunidade educativa.
SE ESTÁS A SUFRIR OU COÑECES ALGÚN POSIBLE CASO DE ACOSO OU CIBERACOSO, AXÚDANOS A PARALO!
DÍA DA MULLER
Os cativos protagonizan o acto polo 8M na praza do Concello de A Rúa
Para leer mais da noticia prema no seguinte enlace:
https://osil.info/os-cativos-protagonizan-o-acto-polo-8m-na-praza-do-concello-da-rua/