CONTO: POR CATRO RECUNCHIÑOS DE NADA.
ADAPTACIÓN do orixinal: Por cuatro esquinitas de nada (Jerome Ruillier)
Tiro con arco co Club Arqueiros do Sil.
O venres 7 de xuño o Club Arqueiros do Sil desprazouse ata o centro a ensinarlles a tirar o alumnado de 5º de Primaria. Primeiro fixeron unha presentación teórica no ximnasio, despois ollaron como tiraban os monitores e finalmente puideron probar a tirar varias frechas.
CONTACONTOS: "VEXO VEO XACOBEO"
Esta proposta didáctica xorde ao abeiro do Programa Vexo Veo Xacobeo e vai dirixida a alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación primaria de centros educativos situados nos Camiños de Santiago en Galicia. Consta dun conxunto de actividades que mostran a riqueza do patrimonio cultural e natural do Camiño de Santiago, e traballan os valores que o definen como son o esforzo, a solidariedade, a hospitalidade e o respecto das diferenzas.
Excursión final de etapa de 6º a Madrid
Dende o martes 21 ao venres 24 de maio o alumnado de 6º desprazouse a Madrid como excursión de final de curso e de etapa. Alí esforzaronse nun parque de aventura en Cercedilla, visitaron o Zoo Aquarium e o Parque Europa, subiron a atraccións no Parque Warner e o último día visitaron o Bernabeu, o Museo de Cera e o Parque do Retiro. Ademáis, compartiron a experiencia con alumnado do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »