ANPA 2021-2022
ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS
C.E.I.P. MANUEL RESPINO
A RÚA
A Rúa, 1 de outubro de 2021
Estimados pais e nais,
En primeiro lugar pedirvos desculpas por non presentarnos antes, xa que levamos varias semanas de curso.
Somos un grupo de nais comprometidas coa educación dos nosos fillos e coa mellora da comunidade educativa en xeral. Pensamos que, ademais do compromiso individual que temos como educadores dos nosos fillos e fillas, debemos implicarnos de forma conxunta e entender que as familias somos un membro máis da comunidade educativa, xunto cos propios alumnos e os profesores.
A actual directiva da ANPA está formada polas seguintes persoas:
Presidenta: Cecilia Fernández Rodríguez
Vicepresidenta: Patricia Alonso Fernández
Secretaria: Anabella López González
Tesoureira: Felisa Vizcaya Cives
Vocal: Concepción Rodríguez González
Despois do pasado ano, onde as restricións da pandemia nos marcaron limitacións nas actividades, e aínda sabendo que este ano seguirá a ser complicado, intentaremos compensar todas as limitacións que teñamos, coa axuda e a implicación de todos vos, e as ganas de traballar, ilusión e empeño desta nova directiva.
Ademais, estaremos pendentes de todo o que suceda no centro, e vos transmitiremos toda a información a prior a través dos grupos de whatsapp, que é un modo moi rápido e eficaz de transmisión de información.
Solicitamos a vosa colaboración, e queremos pedirvos que vos unades como socios, para poder poñer en marcha novas actividades e proxectos. Para isto solicítase unha cota de 15 €/familia, a ingresar na conta da Asociación antes do 31 de outubro do presente ano, indicando o nome e o curso do alumno/s.
Esta cota de asociado ofrece como sempre un desconto nas actividades e cursos que se desenrolen a través da ANPA.
O número de conta para realizar o pago da cota é: ES82 2080 0411 3130 0004 5488
Rogamos indiquedes o nome do alumno/s e o curso. E agradecemos que enviedes o xustificante de pago ó correo da Asociación: anpa.manuelrespino@gmail.com
A xunta directiva desexa que tódalas persoas aporten a súa opinión e ideas, para mellorar a educación dos nosos fillos; para iso podedes contactar connosco no correo anpa.manuelrespino@gmail.com, ou tamén a través de whatsapp, no número 607342231, que é o teléfono da Presidenta. Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida, consulta, queixa ou suxerencia.
Neste novo curso iniciaranse as obras de renovación integral do colexio que tan necesarias son. Debido a estas obras, que segundo nos indican dende a dirección do centro, se realizarán polas tardes, no centro non se poderán realizar actividades durante o período que duren as reformas.
Pese ás incomodidades de non dispoñer de espazo no centro podemos ofrecer clases de inglés, que se desenrolarán na aula multiusos do Concello. O prezo para asociados será de 29 €/mes por 2 horas/semana (luns e mércores). Sempre que se acade o número mínimo de alumnos, habería un grupo de 16 a 17 e outro de 17 a 18 horas. Se estades interesados debedes poñervos en contacto con eles antes do día 11 de outubro, para poder comezar o antes posible.
Axuntamos o cartaz:
Continuamos traballando para poder ofertar algunha outra actividade.
Recordámosvos que podedes contactar connosco para o que necesitedes, no que respecta á vida escolar dos nosos fillos.
Un agarimoso saúdo,
A directiva da ANPA