TÍTERES: "COUSAS DE CASA"

O pasado venres 15 de xaneiro de 2021 tivemos a ocasión de gozar dun espectáculo que realiza un percorrido por aqueles conceptos que nos permiten reflexionar acerca da igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos, con especial énfase na reincorporación profesional da muller despois de ser nai e a corresponsabilidade do home como pai nos coidados do novo membro da familia, bebé .

O creador da compañía, Ton Arenas, constrúe os seus propios teatriños, pinta as escenografías, modela os bonecos e deseña os seus espectáculos de xeito totalmente tradicional no taller dos Títeres do Barrio dos Muíños aberto a visitantes e colaboradores.

Agradecementos: GDR Valdeorras.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer