COÑÉCETE PARA SABER MAIS !!
Moi boas de novo !!
Pensamos que sabemos moito sobre nós... pero realmente sabemos como funcionamos? Que é o que nos ocorre por dentro para poder facer e sentir todo o que nos pasa?
Para que teñades toda a información que necesitades para entendervos mellor e ser todos uns expertos e expertas do funcionamento do voso propio corpo, vouvos a deixar un enlace no que podedes acceder a todos os órganos, aparatos, sistemas, e outras informacións sobre o corpo humano, cunha información amena e divertida, con explicacións claras e concretas ademais de test de repaso para comprobar o teu saber.
Anímote a que visites a páxina durante estos días e vaias visitando cada un dos apartados (Corpo Humano e Sistemas do Corpo Humano) que aparecen ata coñecer cada rincón do teu propio corpo, sabendo así todo o que che ocorre por dentro, e porque che suceden determinados comportamentos, e poidas explicarte mooooitas cousas do día a día.
Sabes porqué notamos os distintos sabores nos alimentos? Que no oído están os osos mais pequenos do corpo humano? Cántas veces respiramos en un minuto? ....
Moitas preguntas que responder e moitas curiosidades que descubrir !!!
Preme na seguinte imaxe para ir á páxina:
Tes algunha dúbida, pregunta...? Necesitas algunha aclaración ou mais información sobre algo? Escríbeme sen problema e intentarei responder a tódalas cuestións que necesites.
Anímate a coñercerte mellor, e non dubides en ensinarlle a todo o mundo os teus descubrimentos e... presume de saber !!!