DÍA DE ROSALÍA NO CEIP MANUEL RESPINO

- O pasado venres 22 de febreiro celebramos no noso centro o Día de Rosalía de Castro con diferentes actividades:

- Os nenos e nenas de Infantil representaron o poema "O moucho" cunha fermosa coreografía.

- Os nenos e nenas de Primaria recitaron e representaron varios poemas de Rosalía: "Vamos bebendo", "Silencio", "Alborada", "Unha vez tiven un cravo", "Un repoludo gaiteiro" e "Campanas de Bastavales"

- Todos xuntos cantamos "Adiós ríos, adiós fontes", na versión de Lucía Pérez.

- Elaboramos un mural colectivo co retrato de Rosalía ao estilo de Andy Warhol.

 

  

O

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer