Os Bolechas

A Consellería de Medio Ambiente puso en marcha unha campaña infantil para fomentar a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), co fin de que as novas xeracións coñezan a importancia de tratar adecuadamente este lixo. Para axudar nesta importante mensaxe, os Bolechas convertéronse nos Electrecos, superheroes da reciclaxe de RAEE.

Ecocarlos, Ecobraulio, Ecopili, Ecololi, Ecosonia, Ecotatá e, como non, Ecochispa visitaron aos alumnos de 3º e 4º do noso colexio e foron os encargados de explicar de forma amena e moi didáctica pautas e coñecementos para o correcto tratamento dos residuos, ao tempo que recrutan novos superheroes nos centros educativos de Galicia para formar un gran movemento de superheroes da reciclaxe e defensores do planeta.

Xunto coas visitas presenciais, ponse en marcha a área virtual www.oqueseenchufareciclase.gal/osbolechas, con material informativo e didáctico, así como xogos e actividades para que todos os centros educativos da comunidade poidan traballareste tema.

 

 
 
 
 
 
 
 
AdxuntoTamaño
BAILE OS BOLECHAS.wmv19.93 MB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer