DÍA DOS DEREITOS DO NENO E A NENA

O Día do Pixama é unha actividade solidaria, lúdica e educativa, na que os protagonistas son os nenos e nenas que dan visibilidade a outros nenos e nenas baixo o lema "todo/a neno/a ten dereito a medrar en familia".

É unha iniciativa da Asociación Estatal de Acollemento Familiar (AEAF) coa que este curso queremos colaborar e que cada 20 de novembro, coincidindo coa aprobación da Convención Internacional dos  Dereitos do Neno e a Nena, se pretende dar visibilidade e sensibilizar sobre o dereito a medrar en familia de todos os nenos, nenas e adolescentes.

Este ano, o acto principal nos colexios, institutos e escolas infantís que participan na actividade será que o alumnado de Educación Infantil e Primaria acuda este día ao centro educativo en pixama, unha prenda que pretende simbolizar o tempo en familia e a importancia do mesmo para asentar os alicerces dunha infancia feliz. Ademais, durante esa xornada, nos diferentes niveis educativos desenvolveranse actividades relacionadas coa importancia da familia, dando a coñecer o acollemento familiar como recurso que ofrece aos menores separados das súas familias biolóxicas a posibilidade de medrar con outra familia que os acolle, acompaña e quere, durante o tempo que sexa necesario.

Creemos que "O Día do Pixama" pode ser gran experiencia educativa con tres compoñentes: solidaria, educativa e lúdica.

- É un día que promove a escola de valores, fomentando a solidariedade, á vez que permite conectar familia e escola poñendo en valor a importancia da familia.

- É un día educativo que axuda aos nenos e nenas a identificar e expresar sentimentos, emocións e vivencias, á vez que ofrece a posibilidade de traballar a diversidade permitindo ao alumnado empatizar con outras realidades familiares e coñecer alternativas familiares diferentes.

- É un día divertido que favorece o xogo espontáneo e permite vivir a escola de forma diferente.

Por todos estes motivos vos animamos a particiapar!!

*Podedes descargar o triptico informativo da asociación premendo no seguinte enlace: 

Dossier informativo

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer