DATOS DO CENTRO:
**Para unha resposta mais rápida e eficaz, as comunicacións cos teléfonos móbiles de Dirección, Xefatura e Secretaría faranse preferentemente a través de WhatsApp.
EDUCACIÓN RESPONSABLE
O pasado mércores 13 de novembro, moitas das familias do noso alumnado participaron nunha charla sobre educación emocional da man de Silvia Martínez Álvarez, experta na materia, para axudarnos a comprender e xestionar as emocións dos máis pequenos. Abordáronse temas como a identificación das emocións básicas, estratexias para fomentar a empatía e técnicas para axudar aos nenos e nenas a expresar e regular os seus sentimentos. O obxectivo foi proporcionar ás familias ferramentas prácticas para promover o benestar emocional dos seus fillos, facilitando o seu desenvolvemento integral e unha convivencia harmoniosa tanto no fogar como no entorno escolar.
DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
Con motivo do Día Internacional das Bibliotecas, celebráronse na biblioteca do noso cole unha serie de actividades sobre o libro titulado "Vacacións en casa de tío Drácula" escrito por Manuel Blanco. Todo o alumnado decorou un marcapáxinas co ataúde de Drácula no que aparecía a inscripción "Mordo por ler".
Baile entrega premios de Samaín
Na commemoración de Samaín, fixemos un acto no que entregamos diplomas aos gañadores dos concursos de cabazas e de relatos.
Finalizouse o acto cun baile de alumnado de sexto.