Secretaría
LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2017/2018
Enviado por maria o Lun, 2017-05-15 12:50Preme aquí para ver a listaxe definitiva do alumnado admitido para o curso 2017/2018.
Contra esta relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Lembramos que a formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria será do 20 ao 30 de xuño.
CHARLA SOBRE SEGURIDADE EN INTERNET
Enviado por maria o Lun, 2017-05-08 09:57O vindeiro martes, 09 de maio, ás 16:00 horas, no Salón de Actos do centro, haberá unha charla sobre seguridade en Internet, dentro do Programa "Navega con Rumbo" dirixida a pais/nais/alumnos/as e profesores/as.
Estades todos/as convidados!!!
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS CURSO 2017/2018
Enviado por maria o Lun, 2017-04-24 12:59Premer aquí para ver a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido para o curso 2017/2018.
Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte a esta publicación.
ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2017/18
Enviado por maria o Lun, 2017-02-27 10:24De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión do alumnado para o curso 2017/18, a partires do vindeiro 1 de marzo e ata o 20 de marzo, inicianse os trámites do devandito procedemento.
Alumnado ao que vai dirixido:
- 4º de E. INFANTIL: NENOS/AS NACIDOS/AS EN 2014 (25 prazas vacantes)
- 1º de E. PRIMARIA: NENOS/AS NACIDOS/AS NO ANO 2011(28 prazas vacantes)
- ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS.
Procedemento:
A solicitude pode presentarse mediante formulario normalizado que será facilitado gratuitamente nas oficinas do colexio, ou que se pode descargar desde esta páxina web ou desde o sitio oficial da Consellería de Educación. Tamén será posible a presentación online a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.gal ) ou a plataforma de admisión do alumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ).
Documentación que deberá achegarse coa solicitude:
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- Fotocopia do libro de familia ou documento acreditativo similar do requisito de idade do/a alumno/a.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o nivel educativo ou etapa (alumnado procedente doutro centro).
- Certificado de inclusión no padrón municipal de habitantes (alumnado de novo ingreso).
- Dúas fotografías tamaño carné.
Deberán manifestar na solicitude se desexan ou non utilizar o servizo de transporte escolar e tamén deberán indicar se o alumno/a presenta necesidades específicas de apoio educativo (achegando, se fose o caso, a documentación que o acredite).
Toda a documentación deberá ser entregada nas oficinas do colexio (en caso de non facelo online).
Fomularios para imprimir.
Nota informativa.
Referencias lexislativas:
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro , DOG 26 decembro 2012
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_gl.html
ORDE do 12 de marzo de 2013, DOG 15 de marzo 2013
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html
CORRECCIÓN de erros. Orde do 12 de marzo de 2013, DOG 24 de abril 2013
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130424/AnuncioG0164-190413-0001_gl.html
ORDE do 25 de xaneiro de 2017, DOG 1 de febreiro 2017
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170201/AnuncioG0164-260117-0001_gl.html
Reserva de praza para o curso 2017-18
Enviado por Fran Macias o Mar, 2017-01-31 15:06
De acordo cos prazos establecidos nas Ordes do 12 de marzo de 2013 e o 25 de xaneiro de 2017, que regulan o procedemento de admisión do alumnado para o curso 2017-18, a partires do 1 de febreiro , e ata o 15 de febreiro , inícianse os trámites de reserva de praza nun centro de adscrición.
Alumnado que debe solicitar a reserva de praza:
En E. Infantil e Primaria os nenos e nenas que desexen continuar estudos noutro colexio.
En 1º de ESO os nenos e nenas que cursan actualmente sexto de E. Primaria.
Procedemento:
Mediante formulario normalizado que será facilitado gratuitamente nas oficinas do colexio, ou que se pode descargar desde esta páxina web ou desde o sitio oficial da Consellería de Educación. Tamén será posible a presentación online a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.gal ) ou a plataforma de admisión do alumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ).
O documento de reserva de praza para 1º de ESO debe presentarse no colexio ( en caso de non facelo online)
Formularios para imprimir:
Referencias lexislativas:
Orde do 12 de marzo de 2013 ( DOG do 15 de marzo de 2013)
Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro de 2017)
ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS
Enviado por maria o Mér, 2016-11-16 23:42ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR
Lémbrase que o MARTES 29 de novembro, desde as 9:30 ata as 14:30 horas, vaise celebrar no Colexio a votación para a elección de representantes de pais/nais/titores legais no Consello Escolar.
En datas recentes remitiuse unha circular coa normativa referida ó proceso electoral. Resúmense a continuación os aspectos máis importantes:
∙ O dereito ó voto correspóndelle ao pai e á nai, ou, se é o caso, aos titores legais.
∙ O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector, que acreditará a súa personalidade mediante presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo da mesma, fará constar na súa papeleta un máximo de 3 nomes.
∙ As papeletas de votación facilitaranse no local electoral.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- seguinte ›
- última »