Secretaría
Días non lectivos
Enviado por Fran Macias o Ven, 2009-10-30 13:02Comunícase a nais e pais que o Consello Escolar adoptou no seu día o acordo de elixir como días non lectivos para o presente curso as datas do 2 de novembro de 2009 e o 18 de maio de 2010. Polo tanto , o alumnado reincorporarase ao centro o martes día 3 de novembro.
PROBA DE DIAGNÓSTICO
Enviado por Anónimo o Mar, 2009-10-20 12:31
MÉRCORES 21 DE OUTUBRO
|
|
10:00 - 11:00 |
Aplicación da proba de Competencia en Comunicación Lingüística |
11:00 - 11:20 |
Descanso |
11:30 - 12:30 |
Aplicación da proba de Competencia Matemática |
12:30 - 12:50 |
Descanso |
13:00 - 13:45 |
Aplicación do Cuestionario do Alumnado |
13:45 |
Distribución do Cuestionario das Familias |
LIBROS DE TEXTO
Enviado por Anónimo o Xov, 2009-07-02 11:33
INSTRUCCIÓNS RECIBIDAS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.
A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.
Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares.
A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos.
Implantación progresiva
O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro.
No Diario Oficial de Galicia do 25 de agosto aparece publicada a "Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario".
AVISO URXENTE
Enviado por Anónimo o Dom, 2009-02-08 20:32Segundo correo electrónico da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibido no Centro ás 20:05 horas de hoxe, día 8 de febreiro:
A Dirección Xeral de Protección Civil informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de mañá a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa.
Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de toda Galicia, durante toda a xornada lectiva do día de mañá, luns, 9 de febreiro.
A Dirección do Centro.
AVISO
Enviado por Anónimo o Mar, 2009-01-27 12:49Martes, 27 de xaneiro de 2009
MAÑÁ MÉRCORES, DÍA 28, REANÚDANSE AS CLASES CO HORARIO HABITUAL
Dirección.
AVISO IMPORTANTE
Enviado por Fran Macias o Lun, 2009-01-26 13:13Luns, 26 de xaneiro
Con motivo dos danos causados polo temporal no edificio e no recinto escolar, quedan suspendidas as clases até que a seguridade da Comunidade Educativa estea garantida.
En principio confírmase a suspensión de clases o luns 26 e o martes 27.
A dirección.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- seguinte ›
- última »