Secretaría
Segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar.
Enviado por Fran Macias o Mér, 2015-11-11 10:16Acaba de facerse pública unha segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar destinado ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas da anterior convocatoria , ou o que fose excluído por unha causa emendable.
Requisitos:
Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 5.400 euros.
Presentación:
Unha solicitude por alumno ou alumna ( deberá presentarse unha solicitude por cada fillo ou filla )
En papel segundo o modelo de formulario.
O prazo será de 10 días hábiles desde o 11 de novembro.
Modelo formulario: [ descargar ]
Orde do 6 de novembro de 2015 (DOG)
CURSO ESCOLAR 2015/2016
Enviado por maria o Sáb, 2015-09-05 23:30COMEZO DAS CLASES
E. PRIMARIA ☞ xoves 10, ás 9:30
E. INFANTIL ☞
Alumnos/as de 5 anos ☞ xoves 10, ás 10:30
Alumnos/as de 4 anos ☞ xoves 10, ás 11:00
Alumnos/as de 3 anos ☞ Informarase individualmente
- O servizo de Transporte Escolar funcionará coa antelación suficiente para permitir a chegada dos alumnos ao Colexio á hora de entrada de E. Primaria.
- As clases durante todo o curso escolar desenvolveranse en xornada normal en horario de 9:30 a 14:30.
Axudas para a adquisición de material escolar
Enviado por Fran Macias o Mar, 2015-09-01 18:56A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de facer pública a convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar.
Terán dereito a axuda as familias cunha renda per cápita familiar non superior a 5.400 euros.
Cuantía: 50 euros por alumno/a
Prazo de presentación: un mes , desde o día 2 de setembro.
As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.
As solicitudes (formulario) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es)
O formulario para a solicitude pode recollerse no colexio , ou pode imprimirse directamente desde a web.
A documentación que hai que achegar xunto á solicitude será a seguinte:
a) Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.
Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, no día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
2º. Certificado ou volante de convivencia.
3º. Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.
c) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática.
d) No caso de discapacidade igual ou superior ao 33 % dalgún membro da unidade familiar, incluído/a o/a alumno/a, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2013:
1º. Certificado emitido polo órgano competente.
2º. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de percepción de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou
3º. Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
e) No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.
A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.
Descargar o formulario para a solicitude.
Máis información : http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150901/AnuncioG0164-240815-0002_gl.html
"Fondo solidario": relación de libros que recibirá o alumnado.
Enviado por Fran Macias o Ven, 2015-07-24 12:56Relación definitiva dos libros de texto que recibirá o alumnado de 3º e 5º do "Fondo solidario".
Documento en formato PDF
Libros entregados polo "Fondo solidario".
Novas instrucións sobre o "Fondo solidario de libros de texto"
Enviado por Fran Macias o Mar, 2015-07-21 15:10IMPORTANTE.
A Consellería de Cultura, Educación e O.U. acaba de publicar hoxe novas instrucións sobre o funcionamento do "Fondo solidario de libros", nesta circular indica que o colexio deberá adquirir os libros de texto que falten no "Fondo solidario" ( con algunhas limitacións que non nos afectan) para cedelos en préstamo ao alumnado que foi admitido no "Fondo solidario".
Pregamos ás familias do alumnado admitido no "Fondo solidario" que non compren o libro de texto de Relixión Católica. Nas próximas horas poñerémonos en contacto telefónico con estas familias para aclarar as dúbidas.
Listaxe de solicitudes admitidas.
Data de publicación das instrucións: 21 de xullo de 2015.
Listaxe definitivo de admitidos e excluídos no "Fondo solidario de libros de texto"
Enviado por Fran Macias o Mér, 2015-07-15 10:50Relación definitiva do alumnado admitido e excluído no "Fondo solidario de libros de texto"
Documentos en formato PDF.
O “Banco de libros” do colexio cederá en préstamo a tódolos alumnos e alumnas de 3º e 5º os libros de texto de matemáticas, lingua galega, lengua castellana , ciencias da natureza e ciencias sociais.
O “Fondo solidario” prestará os libros de texto de inglés e/ou relixión segundo a listaxe exposta.
As familias terían que adquirir os libros de inglés (caderno de actividades) e música. (Mais os de inglés - libro de texto - e relixión se non os reciben do “Fondo solidario”.)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- seguinte ›
- última »