Secretaría
LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020
Enviado por maria o Mér, 2019-04-24 23:01Preme aquí para ver as listaxes en formato pdf
Antes do 15 de maio serán publicadas as listaxes definitivas.
DÍA NON LECTIVO
Enviado por maria o Ven, 2019-03-15 17:58O vindeiro luns, 18 de marzo, non haberá clase por ser un dos días concedidos como non lectivos para o noso Centro pola Xefatura Territorial de Educación para este curso escolar 2018/2019.
Polo tanto, o alumnado reincorporarase ao Centro o vindeiro mércores, 20 de marzo.
RESERVA DE PRAZA- MATRÍCULA CURSO 2019/2020
Enviado por tamarasalgueiro o Mér, 2019-01-30 14:36O día 1 de febreiro de 2019 e ata o 15, iníciase o período de reserva de praza nun centro de adscrición da matrícula para o curso 2019/2020.
Alumnado ao que vai dirixido: Alumnado de 6º de E.P. que promociona a 1º da ESO (IES Cabo Ortegal)
Os impresos (modelo ED550A) levaranos do centro para cubrir manualmente e entregar no prazo establecido, ou poderán xestionalo a través da aplicación de "admisión alumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (con certificado dixital ou a Chave 365).
ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DOS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS NO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por maria o Dom, 2018-11-25 13:05O MARTES 27 de novembro, desde as 9:30 ata as 14:30 horas, vaise celebrar no Colexio a votación para a elección de representantes de pais/nais/titores legais no Consello Escolar (renovación parcial).
Aspectos máis importantes:
- O dereito ó voto correspóndelle ao pai e á nai, ou, se é o caso, aos titores legais.
- O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector, que acreditará a súa personalidade mediante presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo da mesma, fará constar na súa papeleta un máximo de 2 nomes.
- As papeletas de votación facilitaranse no local electoral ( Salón de Actos).
Bases actividades culturais, deportivas e educativas ano 2018
Enviado por maria o Sáb, 2018-10-20 12:09Saiu publicada no BOP a convocatoria de axudas para as actividades deportivas, culturais e educativas do ano 2018.
Preme para ler o documento en formato PDF ou consulta o arquivo adxunto.
MUSICREQUES
Enviado por maria o Sáb, 2018-10-13 15:56
O vindeiro mércores 17 de abril, co gallo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares, no Auditorio Municipal, ás 11:00 horas, poderemos gozar coa actuación de Musicreques. Esperamos que os nenos e nenas o pasen fenomenal!!!
|
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »