Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

VISITA A SANTIAGO (3º CICLO)

00/00/
Array

28-ABRIL-2009

CARIÑO

Saída:A partir das 8 horas da mañá das paradas da Estrada Xeral

SANTIAGO

MANÁ

10:15 horas-MHN: Museo Historia Natural. Visita guiada ao Museo e aos xardíns botánicos do Campus Sur

12:00 horas-Parlamento de Galicia: Visita guiada ó Parlamento

13:30 horas-Xantar: no comedor Monte da Condesa

TARDE

16:00 horas-Mupega: Visita guiada ao Museo Pedagóxico Galego

17:30 horas-Catedral de Santiago. Praza do Obradoiro

18:15 horas-Museo Pobo Galego: Visita s salas e dependencias.

19:30 horas-Regreso. Breve parada en ruta.

Lectura para as vacacións

00/00/
Array

Tríptico coas novidades da biblioteca e recomendacións de lectura para as vacacións.

 

imaxe do tríptico, preme para velo

 Preme na imaxe para ver o documento.

 

O MAR

00/00/
Array

O MAR

 Dada a incuestionable importancia que o mar ten para os habitantes de Cariño, esta ano a III Semana da Ciencia, do 23 ao 27 de marzo,  dedicámoslla ao MAR.

Como en anos anteriores levamos a cabo diferentes acitividades que xiraron arredor deste centro de interese:

  • Exposición de obxectos relacionados co mar: artes de pesca, cunchas, corais, taxidermias, barcos, boias, utensilios...  
  • Exposición interactiva no laboratorio para que os nenos/as experimenten e aprendan.
  • Elaboración e mostra de carteis informativos  con diferentes temáticas: costa de Cariño, aves, peixes, mamíferos, crustáceos, pesca, embarcacións, mares e océanos...
  • Charla-relatorio a cargo de Luis Miguel Alonso Pumar, monitor responsable do proxecto "Aula do mar" con sé no noso concello, para coñecer as características que identifican o noso contorno.
  • Exposición de libros sobre o mar na biblioteca.
  
 

  Preme na  imaxe para ollar máis fotos.

 

CHARLA-COLOQUIO

00/00/
Array

O vindeiro martes, día 19 de maio, visitaranos o escritor galego XOSÉ MIRANDA, que dará unha charla-coloquio ás 13:00 horas aos alumnos do Centro.

A biobrafía deste escritor poderíamos resumila así:

Naceu en Lugo, moi preto da muralla, nun chalé que xa non existe, nos últimos días de 1955. Medrou nun barrio a medias obreiro, con moitos espacios aínda sen edificar, e grandes prados, hortas e chousas. Xogou moito ó aire libre cos seus amigos e leu algúns libros e tebeos. Licenciouse en Bioloxía na Universidade de Compostela, en 1978. É profesor de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes da súa cidade natal. Desde neno escribiu versos. Proximamente editará As cidades mergulladas. Poesía reunida (1973-2002). En 1988 comezou a escribir prosa, relatos e novelas para adultos. Tén dous fillos. Para eles escribiu algúns libros do que se deu en chamar literatura infantil e xuvenil. No 2002, con 44 anos, atreveuse a publicar libros para nenos, como Lúa e os nubeiros, Feitizo, Aventuras do coello Federico, Álvaro e Álvaro, Ariadna e Pel de lobo. É especialista en literatura de tradición oral. Xunto a Antonio Reigosa e Xoán R. Cuba publicou moitos libros de contos populares galegos, dirixidos a un público infantil, reunidos na colección 'Cabalo buligán', da que é codirector, así como o Diccionario dos seres míticos galegos, a Pequena mitoloxía de Galicia, os Contos colorados, narracións eróticas da tradición oral e o recente Cando os animais falaban.

Deporte na escola

00/00/
Array

imaxe deporteO vindeiro día 1 de Abril participaremos na actividade "Deporte na Escola", organizada pola Consellería de Cultura, que terá lugar en Cedeira.

Alumnado: 2º Ciclo de primaria.

Hora: Saída desde o colexio ás 9:45.

Regreso ao colexio en torno ás 14:00.

A actividade consiste na práctica de catro deportes ( fútbol, baloncesto, balonmán e bádminton), o xogo de brilé e unha proba cultural.

Máis información sobre "Deporte na Escola"

VISITA Á CAPELA (1º ciclo)

00/00/
Array

O vindeiro venres, 27 de marzo, os alumnos do 1º ciclo de Educación Primaria visitarán o Centro de Interpretación de Xogos Tradicionais "Brinquedos", situado no CEIP Mosteiro de Caaveiro (A Capela).

Nese centro, os nosos alumnos practicarán xogos tradicionais como as bolas, a corda, a mariola, o peón, os zancos, as carrilanas,...

Sairemos as 9:30 h do colexio e estaremos de volta ás 14:30 h.

Distribuir contido