MAGOSTO 2010
Enviado por maria o Xov, 2009-10-22 15:53CONCURSO DE POSTRES 2009
Con motivo da celebración do MAGOSTO, imos organizar un Concurso de Postres para o martes, 10 de novembro.
BASES DO CONCURSO
-
Podedes presentar calquera tipo de postre elaborado artesanalmente na casa, coa condición de que o ingrediente principal sexa algún froito típico do outono.
-
Os postres deberán ser presentados no cole entre os días 9 e 10 de novembro.
-
O concurso estará dotado de catro premios:
Máis saboroso |
Mellor presentación |
Máis orixinal |
Máis dificultade na súa elaboración |
-
Cada postre deberá ir acompañado dun cartel identificado que vos entregará o titor/a, no que indicaredes: o nome do postre, os ingredientes, o reposteiro e o curso.
As receitas gañadoras serán publicadas no xornal escolar "O Espigonciño" e na páxina web do centro.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E... SORTE!!!
PROBA DE DIAGNÓSTICO
Enviado por Anónimo o Mar, 2009-10-20 12:31
MÉRCORES 21 DE OUTUBRO
|
|
10:00 - 11:00 |
Aplicación da proba de Competencia en Comunicación Lingüística |
11:00 - 11:20 |
Descanso |
11:30 - 12:30 |
Aplicación da proba de Competencia Matemática |
12:30 - 12:50 |
Descanso |
13:00 - 13:45 |
Aplicación do Cuestionario do Alumnado |
13:45 |
Distribución do Cuestionario das Familias |
REPRESENTACIÓN DE TEATRO
Enviado por Anónimo o Ven, 2009-10-02 09:29MÉRCORES 14 DE OUTUBRO
No Auditorio Municipal de Cariño os alumnos/as do Centro asisitirán á representación da obra teatral:
RATA LINDA DE COMPOSTELA
da Compañía "CASA HAMLET" de Manuel Lorenzo, segundo o seguinte horario:
10:30 horas: E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria
12:00 horas: 2º e 3º ciclo de E. Primaria
Material complementario. Curso 2009-2010
Enviado por Fran Macias o Xov, 2009-09-03 12:03Listaxe de material escolar complementario.
Educación infantil.
O material escolar comprarase unha vez comezado o curso e formadas as cooperativas de aula. Prégase non mercar nada sen falar previamente co/a mestre/a correspondente.
Primeiro Ciclo ( 1º-2º nivel)
2 Lápices do número 2, 3 gomas, 1 sacapuntas, 1 barra de pegamento, 1 caixa de 12 ceras duras, Plastilina, Bloc de papel charol, 1 paquete de 500 folios, 1 tesoiras de punta redonda, 1 Bloc de cartolinas.
Nota.-O alumnado de segundo non necesita mercar as tesoiras, a plastilina e o bloc de papel charol, porque xa o ten de primeiro.
Segundo Ciclo ( 3º-4º nivel)
Cinco libretas cuadriculadas de tamaño grande, non demasiado grosas (cuadrícula pequena e pastas duras).
Un bloc de debuxo tamaño grande.
Unha carpeta de gomas.
Un diccionario escolar da lingua castelá.
Un diccionario escolar da lingua galega.
Un bolígrafo azul ou negro, e un vermello.
Dous lapis do Nº 2.
Unha goma e un afiador.
Unha caixa de 12 ceras duras.
Unha regra de 20 centímetros.
Unha barra de pegamento.
Unhas tesoiras punta roma.
Un bloc de notas pequeno ou axenda escolar.
Nota.- Os alumnos de 4º poderán aproveitar as libretas non rematadas do ano anterior, diccionarios e demais material que consideren oportuno.
Terceiro Ciclo ( 5º-6º nivel)
Os primeiros días os titores e titoras informarán ao alumnado do material escolar que necesitan para o curso.
BOLSAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO
Enviado por Anónimo o Ven, 2009-08-28 08:53
1º, 2º, 5º e 6º DE E. PRIMARIA
Desde o día 1 ao 30 de xuño estará aberto o prazo para solicitar estas axudas.
As solicitudes estarán a disposición dos pais/nais/titores legais dos alumnos na secretaría do centro ou no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es, e pódense entregar na mesma no prazo indicado.
Terá dereito ás axudas o alumnado destes cursos que teñan unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 € no ano 2008 segundo as seguintes cuantías:
Familias monoparentais:
Ingresos ata 6.000 €: 180 €
Ingresos entre 6.000,01 ata 9.000 €: 104 €
Resto das familias:
Ingresos ata 5.400 €: 180 €
Ingresos entre 5.400,01 ata 9.000 €: 104 €
Considéranse membros da unidade familiar:
Os pais non separados legalmente e, se é o caso, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.
Os fillos menores de idade, con excepción dos emancipados.
Os fillos maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
Os fillos solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro de 2008.
Xunto coa solicitude, debidamente cuberta, presentarase a seguinte documentación:
Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
Para calquera dúbida pode consultar persoal ou telefónicamente na dirección do Centro.
LIBROS DE TEXTO
Enviado por Anónimo o Xov, 2009-07-02 11:33
INSTRUCCIÓNS RECIBIDAS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.
A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.
Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares.
A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos.
Implantación progresiva
O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro.
No Diario Oficial de Galicia do 25 de agosto aparece publicada a "Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario".
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- …
- seguinte ›
- última »