Material complementario. Curso 2009-2010
Enviado por Fran Macias o Xov, 2009-09-03 13:03Listaxe de material escolar complementario.
Educación infantil.
O material escolar comprarase unha vez comezado o curso e formadas as cooperativas de aula. Prégase non mercar nada sen falar previamente co/a mestre/a correspondente.
Primeiro Ciclo ( 1º-2º nivel)
2 Lápices do número 2, 3 gomas, 1 sacapuntas, 1 barra de pegamento, 1 caixa de 12 ceras duras, Plastilina, Bloc de papel charol, 1 paquete de 500 folios, 1 tesoiras de punta redonda, 1 Bloc de cartolinas.
Nota.-O alumnado de segundo non necesita mercar as tesoiras, a plastilina e o bloc de papel charol, porque xa o ten de primeiro.
Segundo Ciclo ( 3º-4º nivel)
Cinco libretas cuadriculadas de tamaño grande, non demasiado grosas (cuadrícula pequena e pastas duras).
Un bloc de debuxo tamaño grande.
Unha carpeta de gomas.
Un diccionario escolar da lingua castelá.
Un diccionario escolar da lingua galega.
Un bolígrafo azul ou negro, e un vermello.
Dous lapis do Nº 2.
Unha goma e un afiador.
Unha caixa de 12 ceras duras.
Unha regra de 20 centímetros.
Unha barra de pegamento.
Unhas tesoiras punta roma.
Un bloc de notas pequeno ou axenda escolar.
Nota.- Os alumnos de 4º poderán aproveitar as libretas non rematadas do ano anterior, diccionarios e demais material que consideren oportuno.
Terceiro Ciclo ( 5º-6º nivel)
Os primeiros días os titores e titoras informarán ao alumnado do material escolar que necesitan para o curso.
BOLSAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO
Enviado por Anónimo o Ven, 2009-08-28 09:53
1º, 2º, 5º e 6º DE E. PRIMARIA
Desde o día 1 ao 30 de xuño estará aberto o prazo para solicitar estas axudas.
As solicitudes estarán a disposición dos pais/nais/titores legais dos alumnos na secretaría do centro ou no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es, e pódense entregar na mesma no prazo indicado.
Terá dereito ás axudas o alumnado destes cursos que teñan unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 € no ano 2008 segundo as seguintes cuantías:
Familias monoparentais:
Ingresos ata 6.000 €: 180 €
Ingresos entre 6.000,01 ata 9.000 €: 104 €
Resto das familias:
Ingresos ata 5.400 €: 180 €
Ingresos entre 5.400,01 ata 9.000 €: 104 €
Considéranse membros da unidade familiar:
Os pais non separados legalmente e, se é o caso, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.
Os fillos menores de idade, con excepción dos emancipados.
Os fillos maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
Os fillos solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro de 2008.
Xunto coa solicitude, debidamente cuberta, presentarase a seguinte documentación:
Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
Para calquera dúbida pode consultar persoal ou telefónicamente na dirección do Centro.
LIBROS DE TEXTO
Enviado por Anónimo o Xov, 2009-07-02 12:33
INSTRUCCIÓNS RECIBIDAS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.
A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.
Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares.
A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos.
Implantación progresiva
O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro.
No Diario Oficial de Galicia do 25 de agosto aparece publicada a "Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario".
Marcha pola Serra da Capela
Enviado por Fran Macias o Mar, 2009-06-16 12:03
O mércores 17 de xuño o alumnado de quinto curso participará nunha marcha pola contorna da Serra da Capelada, en compañía do técnico municipal Pepe Riola.
Obxectivo:
Coñecer restos arqueolóxicos, características botánicas e a etnográficas da zona.
Saída: 10:00.
Regreso: antes das 14:30
Relación de libros de texto e material didáctico
Enviado por Fran Macias o Mar, 2009-06-16 09:27Listaxe de libros de texto e material didáctico para o curso 2009-2010
![](/centros/ceipmanuelfraga/system/files/u23/libros.jpg)
Preme nesta ligazón para ver o listado como páxina web.
Preme nesta ligazón para ver como PDF ( mellor para imprimir ) .
EXCURSIÓN FIN DE CURSO 08 / 09
Enviado por Anónimo o Lun, 2009-06-15 14:27DATA: do 13 de XUÑO de 2009 ao 18 de XUÑO de 2009
P R O G R A M A :
DIA 13: CARIÑO – SANTANDER
- Saída de Cariño sobre as 07:00 h. Almorzo en Cudillero. Xantar en Cabárceno e visita ao parque. Chegada ao serán ao hotel. Cea , aloxamento e almorzo.
DIA 14: SANTANDER - ZARAGOZA - SALOU
- Saída cara a Zaragoza. Visita á Alxafería e Basílica do Pilar. Xantar en Zaragoza. Saída para Salou. Chegada, distribución por habitacións e tempo libre. Cea e aloxamento.
DIA 15: PORT-AVENTURA
- Almorzo e traslado ao parque de Port–Aventura con entrada e xantar incluídos. Á última hora traslado ao hotel, cea e aloxamento.
DIA 16: BARCELONA
- Almorzo e visita Parque Güell e Sagrada Familia. Entrada ao Imax e Aquarium de Barcelona. Xantar en restaurante. A última hora regreso ao hotel, cea e aloxamento.
DIA 17: AQUAPARK
- Almorzo e visita ao parque acuático “Aquópolis” da Pineda. Xantar no recinto. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.
DIA 18: SALOU - CARIÑO
- Saída a primeira hora da mañá. Almorzo no hotel ou na viaxe e regreso para Cariño. Xantar en Logroño e cea en Vega de Valcarce. Chegada sobre a medianoite.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- …
- seguinte ›
- última »
![CEIP Manuel Fraga - Cariño RSS Distribuir contido](/centros/ceipmanuelfraga/misc/feed.png)