Campo a través.
Enviado por Fran Macias o Mér, 2009-11-25 11:06O día 18 de decembro, venres, participaremos nunha proba de "Campo a través" organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte ( Xunta de Galicia ) , en Cedeira.
Hora de saída: 9:45 desde o colexio
Hora de inicio das probas: 10:45
Lugar: Cedeira, xunto ao colexio.
Hora prevista de chegada: 14:00 , ao colexio.
Sorte aos participantes!!!!!
Recomendamos levar roupa de abrigo e unha camiseta para cambiarse despois da proba.
RECEITAS GAÑADORAS DO COCURSO DE POSTRES 2009
Enviado por maria o Sáb, 2009-11-21 13:18
MÁIS SABOROSO... "PANELLETS"
REPOSTEIRA: Martina Díaz - EI 3 ANOS
INGREDIENTES: pataca cocida, améndoa moída, azucre, raiadura de lima e améndoas, noces ou calquera froito seco.
MELLOR PRESENTACIÓN... "FOLLA DE AMÉNDOA"
REPOSTEIROS: Camila e Bruno Herrera - 6ºB e EI 4A
INGREDIENTES: améndoas picadas,4 ovos,azucre,fermento,fariña e doce de leite e chocolate.
MÁIS ORIXINAL... "CROCODILO DE CHOCOLATE E NOCES"
REPOSTEIRA: Claudia Sanjurjo Fontela - 4ºB
INGREDIENTES: masa de hoxaldre, chocolate, noces, ovo e azucre.
MÁIS DIFICULTADE NA SÚA ELABORACIÓN... "BROWNIES"
REPOSTEIRO: Ignacio González - EI 5A
INGREDIENTES: 75 gr. de manteiga, 45 gr. de chocolate, 150 gr. de azucre moreno, 75 gr. de fariña, 2 ovos, 1 cullerada de esencia de vainilla, unha cullerada de fermento en po e 75 gr. de noces picadas.
Grazas a todos/as os reposteiros/as por compartir as vosas receitas con nós.
Preme nas imaxes para ver máis fotos dos postres e das actividades celebradas o día do Magosto.
CONCURSO DE POSTRES
Enviado por Anónimo o Mér, 2009-11-04 11:22AVISO
A causa do absentismo escolar por enfermidade, o CONCURSO DE POSTRES que estaba programado para o vindeiro martes, 10 de novembro, aprázase para a seguinte semana. Por tanto os postres poderanse traer ao centro os días: LUNS, 16 e MARTES 17 de novembro.
Todas as actividades programadas para celebrar o MAGOSTO quedan aprazadas para o MARTES, DÍA 17 DE NOVEMBRO.
COMUNICADO DIRECCIÓN
Enviado por Anónimo o Mar, 2009-11-03 13:06Ante a situación creada polo crecente absentismo escolar a causa de enfermidade e as numerosas chamadas telefónicas recibidas no colexio, comunícase aos pais/nais/titores legais dos alumnos/as que a dirección do centro, seguindo o protocolo pertinente, está en comunicación via web e en tempo real co Servicio Galego de Saúde que está en coordinación coa Consellería de Educación. En ningún caso entra dentro do protocolo de actuación do centro a posibilidade de peche do mesmo.
Días non lectivos
Enviado por Fran Macias o Ven, 2009-10-30 13:02Comunícase a nais e pais que o Consello Escolar adoptou no seu día o acordo de elixir como días non lectivos para o presente curso as datas do 2 de novembro de 2009 e o 18 de maio de 2010. Polo tanto , o alumnado reincorporarase ao centro o martes día 3 de novembro.
RECURSOS
Enviado por Anónimo o Ven, 2009-10-30 11:06O equipo de Dinamización de Técnicas de Información e Comunicación do Centro (T.I.C.) habilitou unha páxina web onde se recollen os nosos enlaces educativos favoritos para poñelos a disposición de alumnos e profesores.
Se queredes colaborar tedes dúas opcións:
-
Podemos autorizarvos para que vós mesmos entredes na páxina usando a vosa dirección de correo e introduzades os vosos enlaces. Neste caso poñédevos en contacto co coordinador TIC para que vos explique como se fai (é moi fácil).
-
Podedes madarlle ao coordinador un documento de Word ou Open Office onede poñades os enlaces especificando a dirección da páxina, o nome co queredes que apareza a páxina, o nivel (ciclo) e a área ou asignatura. En caso de que a páxina teña contidos de todos os niveis, indicar PRIMARIA e en caso de que teña contidos de varias áreas, indicar INTERDISCIPLINAR.
Podedes acceder á páxina en cuestión neste enlace:
No sucesivo, atoparás esta páxina para enlazar dentro do menú
TIC - Recursos educativos
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- …
- seguinte ›
- última »