O outono está a rematar, e a folla das árbores caducas xa está case na súa totalidade no chan da nosa escola.
E que pensamos? Que podiamos empregar este recurso que nós da a natureza para abonar o noso horto escolar e poñer en marcha o noso compostoiro un ano máis.
O alumnado de todo o centro participou segundo as súas capacidades nas distintas tarefas que requiría esta actividade que realizamos dentro do marco do plan proxecta “Aliméntate Ben”: rastrelamos as follas, recollémolas, quitamos as malas herbas do noso invernadoiro, transplantamos algunhas leitugas e plantas que quedaban nel...
Como comprobamos noutros cursos, o horto escolar está a representar unha gran fonte de aprendizaxe, favorecendo a súa vez o desenvolvemento da psicomotricidade, expresión e creatividade dos/as nosos/as pequenos/as.
Son moitos os aspectos que nos permite traballar de maneira transversal este proxecto. Por un lado xerar inquietude sobre as ciencias naturais, falando das plantas e árbores e dos animais terrestres, como vermes se insectos, que vamos atopando. Por outro lado fomentar un bo desenvolvemento psicomotriz dunha maneira lúdica, no que cada alumna/o pode ir desenvolvendo as súas capacidades a diferentes ritmos e de maneira intuitiva.