Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar CURSO 2024/2025

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

  • DESTINATARIOS

- Fondo solidario de libros de texto a 3º e 4º de Educación Primaria (o alumnado que cursa 5º e 6º está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto por participar no proxecto E-dixgal).

-Axudas para adquirir libros de texto a 1º e 2º de Educación Primaria.

-Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado de Educación Primaria. 

  • PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Do 21 de maio ao 21 de xuño do vixente curso escolar. 

  • ONDE PRESENTAR AS SOLICITUDES

Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro. A solicitude será única para todos os fillos ou fillas. 

 

Preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ANEXO I), dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada). Neste caso, será necesaria a presentación dunha solicitude por alumno ou por alumna.

  • DOCUMENTACIÓN NECESARIA

-Solicitude (anexo I e anexo II). Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. Podedes descargar os documentos dende aquí: ANEXO I e II. 

-Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

-En caso de separación ou divorcio deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º Certificado ou volante de convivencia. 

2º Informe dos servicios sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida da familia. 

-Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

-Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Ley 11/2007 do 27 de xullo galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

-Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

-Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificacdo do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

-Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servicios sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor/es carezan de DNI e NIE.



blog | by Dr. Radut