Skip to Content

Orientación

Mulleres pola PAZ

Un ano máis no centro conmemoramos o día escolar da non violencia e da paz o 30 de Xaneiro

Este ano quixemos facer visibles mediante esta homenaxe a todas aquelas mulleres que foron galardoadas co premio Nobel da Paz, e que loitaron por unha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria. 

Moitas son tamén de seguro as mulleres anónimas que non son galardoadas e que traballan día a día, dando grandes ou pequenos pasos hacia unha sociedade máis igualitaria, e que deben ser tidas en conta, nas nosas casas, pobos e cidades. 

Dende o centro, e mediante o plan proxecta "Donas de sí" que estamos a desenvolver neste curso 2017-2018, quixemos por o noso gran de area e adicarlle este día a todas esas mulleres, anónimas ou non, facendo visible o papel da muller na sociedade e concienciando as nosas nenas e nenos na igualdade de xénero e de dereitos.

Aquí vos deixamos unha imaxe do mural feito polo alumnado e para rematar queremos facer mención á frase da nena galardoada co premio Nobel da Paz no 2014 Malala Yousafzai:

"Un neno, un profesor, un libro e unha pluma poden cambiar o mundo. A educación é a única solución."


 

Sensibilización sobre a inclusión

Neste centro somos conscientes da necesidade de educar as nosas nenas e nenos na igualdade e no respecto aos demais. 

Todo o alumnado do centro formou parte desta xornada de sensibilización na que descubriron moita información, e aclararon outra que xa sabían, sobre os nenos/as e adultos/as que teñen diagnosticado Sindrome de Down. 

Descubriron que a causa do Sindrome de Down é de orixe xenética, que todos os que posúen esta sindrome teñen unhas características físicas similares e o máis importante, que son iguais ca eles, e que con axuda, a inclusión adecuada e coa eliminación das barreiras que moitas veces hai na escola e na sociedade, poden chegar a conseguir o que se propoñan. 

Primeiro, participaron nunha charla, na que preguntaron as súas inquedanzas e dúbidas.

 

Logo procederon á lectura entre todos e a visualización dun conto titulado "Mi nuevo amigo Rubén". Recomendámolo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut