Mentras estabamos a traballar no horto escolar, o alumnado de 4º, 5º e 6º pensaron que sería boa idea decorar a entrada do noso centro con unhas flores. Aproveitando a motivación que tiñan propúxoselles que realizaran eles mesmos un proxecto e argumentaran a súa viabilidade.
Os primeiros pasos que deron foi escoller o lugar onde plantarían. Realizaron medicións e dividiron o espazo dispoñible, decidindo cantas plantas necesitarían.
O seguinte paso foi acompañalos a unha tenda local onde eles sós escolleron o tipo de flores e compararon prezos para despois calcular o presuposto que necesitarían para levar a cabo o proxecto.
Unha vez feitos todos os cálculos e con unha idea clara, presentárona ao profesorado, que lle demos viabilidade ao proxecto polo que se puxeron mans á obra con el.
Aquí deixamos as fotos do traballo feito, así como o resultado final dunha actividade na que o alumnado contribue no coidado e mantemento do seu centro e poñemos de novo en práctica o aprendido dunha maneira significativa: medicións, divisións e multiplicacións.