Skip to Content

Sensibilización sobre a inclusión

Neste centro somos conscientes da necesidade de educar as nosas nenas e nenos na igualdade e no respecto aos demais. 

Todo o alumnado do centro formou parte desta xornada de sensibilización na que descubriron moita información, e aclararon outra que xa sabían, sobre os nenos/as e adultos/as que teñen diagnosticado Sindrome de Down. 

Descubriron que a causa do Sindrome de Down é de orixe xenética, que todos os que posúen esta sindrome teñen unhas características físicas similares e o máis importante, que son iguais ca eles, e que con axuda, a inclusión adecuada e coa eliminación das barreiras que moitas veces hai na escola e na sociedade, poden chegar a conseguir o que se propoñan. 

Primeiro, participaron nunha charla, na que preguntaron as súas inquedanzas e dúbidas.

 

Logo procederon á lectura entre todos e a visualización dun conto titulado "Mi nuevo amigo Rubén". Recomendámolo!

 

No conto, unha nena compañeira de clase de Rubén, prestalle o seu lapis máxico, e con el Rubén descobre que pode facer o que se propoña con el. Así poís, as nenas e nenos do colexio despuxémonos a pintar e decorar os nosos propios lapis máxicos para logo falar en roda sobre o que pensabamos desta xornada e o que faríamos cos nosos lapis. 

Sen dúbida foi unha xornada que non esqueceremos.

 

 



blog | by Dr. Radut