Skip to Content

Charla: ECONOMÍA CIRCULAR

Que é a ECONOMÍA CIRCULAR?

Durante o 14 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria participou nunha charla sobre Economía circular, un proxecto desenvolto pola asociación medioambiental "Galicia Ambiental".

Esta nova corrente busca preservar a natureza, coa innovación tecnolóxica como aliada fundamental, no que a reciclaxe, máis ala de ser un obxectivo, é un complemento máis cara a consecución dun desenvolvemento sostible da sociedade e un aproveitamento dos recursos naturais que temos ao noso alcance.

Como resumo da charla, podemos salientar o seguinte decálogo:

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR NO CENTRO!

Un dos proxectos clave do centro, o cal levamos desenvolvendo durante varios cursos escolares, é o Plan Proxecta "Aliméntate Ben", co que pretendemos, como ben sabedes, concienciar pouco a pouco ao alumnado da importancia dunha boa alimentación e estilo de vida saudable, así como do coidado do medio ambiente e a produción ecolóxica, incidindo na repercusión que isto ten sobre a nosa saúde e o futuro do noso planeta.

De novo, unha das modalidades que desenvolvemos no eido deste plan durante este curso é O sabor da aventura está no mar.

O martes 12 de febreiro, o noso comedor escolar transoformouse e o alumnado estivo a participar nunha xornada pesqueira, na que voltamos saudar aos Arroases e as súas aventuras (e algún/algunha coñeceunos por primeira vez).

Troita, Xurelo, Mexilón, Pescada...vimos todos os nutrintes e propiedades que teñen estes peixes e porque son tan bos para nós.

Creando os nosos escenarios e personaxes

Continuamos coa nosa curta, e desta volta centrámonos na elaboración das nosas personaxes e escenarios.

Na elección do material a empregar para elaborar as nosas personaxes seguimos os consellos dos módulos do plan proxecta "Nós tamén creamos" e tratamos de reciclar o máis posible polo que decidimos empregar materiais do día a día desgastados ou en desuso: roios de papel hixiénico, pelotas de ping pong danadas, tapóns, restos de cartulinas... Iso sí, botandolle moita creatividade!

Logo dunhas sesións traballando, rematamos as personaxes para a nosa primeira escena e o noso primeiro escenario e comezamos a experimentar máis coa grabación. 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do proceso de traballo, das personaxes creadas e do escenario e a grabación da primeira escena. Que vos parece?

EXPOSICIÓN PREMIOS MARÍA WONENBURGER PLANELLS

Por segundo ano consecutivo temos o pracer de mostrar esta actividade de novo no centro.

Enmarcada no plan proxecta "Donas de sí", dende o 12 de febreiro ata o 25 de febreiro temos no centro instalada unha exposición de paneles proposta pola Secretaría Xeral de Igualdade, a disposición de toda a comunidade educativa para a súa visita.

Este tipo de actividades para nós sond e vital importancia para por en valía e visibilizar o papel da muller nos ámbitos científicos, tecnolóxicos e matemáticos en diversos eidos destes campos de estudo.

A espoxición e o premio, que se concede cada ano a mulleres cuxos estudios e investigacións son de relevancia social, leva o nome dunha investigadora e matemática galega, María Josefa Wonenburguer, unha auténtica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias, sendo unha científica adiantada ao seu tempo. A través desta exposición puidemos coñecer as achegas destas mulleres galegas da ciencia que seguen a traballar e investiar cada día.

 

 

HORTICULTORES/AS!

Comezamos a plantar de novo!

Aproveitando a chegada destes días solleiros, saímos ao noso recuncho favorito do centro e comezamos a por en marcha o noso horto escolar plantando as primeiras leitugas e coles. De seguro pronto poderemos probalas! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut