Skip to Content

Charla: ECONOMÍA CIRCULAR

Que é a ECONOMÍA CIRCULAR?

Durante o 14 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria participou nunha charla sobre Economía circular, un proxecto desenvolto pola asociación medioambiental "Galicia Ambiental".

Esta nova corrente busca preservar a natureza, coa innovación tecnolóxica como aliada fundamental, no que a reciclaxe, máis ala de ser un obxectivo, é un complemento máis cara a consecución dun desenvolvemento sostible da sociedade e un aproveitamento dos recursos naturais que temos ao noso alcance.

Como resumo da charla, podemos salientar o seguinte decálogo:

1.- O residuo convértese nunrecurso.
2.- O segundo uso é parte do concepto de fabricación do produto.
3.- O reemprego de todo ou parte é unha necesidade, incluso na fabricación dun novo.
4.- A reparación é unha obriga: fin da obsolescencia programada.
5.- Reciclaxe
6.- Valorización Enerxética, só da fracción nonreciclable.
7.- Alugar é unha opción e cooperativizar usos outra.
8.- Eco – deseño e Eco – concepción. A nova enxeñería ao poder.
9.- Ecoloxía Industrial3 (ao cubo): materias primas sostibles, loxística e distribución optimizada, responsabilidade coa reparación e/ou reciclaxe do fabricado.
10.- Compra de enerxía a provedores con fontes renovables.

Para máis información sobre este proxecto e outros desenvoltos por esta asociación medioambiental, preme na imaxe para acceder a súa páxina web.economia-circular-480x179

Por certo... onde acabou a botella de plástico?



blog | by Dr. Radut