Skip to Content

Lousada contra a violencia de xénero

25 NOVEMBRO- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para concienciarnos sobre a importancia, impacto e responsabilidade que todos e todas temos na sociedade e en nos mesmos, no CEIP Plurilingüe de Lousada todo o alumnado estivo traballando neste Lipdub en contra da violencia de xénero. 

Agardamos que vos guste tanto velo como a nós facelo! 

 

Proxecto "Autumn Leaves"

Na aula de Infantil estivemos levando a cabo durante o primeiro trimestre un proxecto en inglés sobre o outono e sobre todo o relacionado con esta estación. 

Durante estes meses aprendemos unha gran cantidade de novas palabras en inglés e curiosidades sobre o outono. Por exemplo traballamos coas cores, practicamos os números, a roupa que poñemos nestas fechas, realizamos a lectura e dramatización dun breve poema en inglés, analizamos como cambia a natureza nesta estación, festexamos o Halloween como o fan nenos e nenas noutros países de fala inglesa e puxémolo en contraste co noso Samaín. 


A modo de pequeno resumo fixemos o seguinte poster dixital, co cal as nenas de infantil se divertirán moito vendo o producto do seu traballo ao mesmo tempo que se inician no manexo das novas tecnoloxías. 

Non o perdades! 

Se non conseguides ver ben aquí o poster dixital, premede na seguinte ligazón: 

https://edu.glogster.com/glog/autumn-project/2nvej32jhgj

A BUSCA DO TESOURO

 

A BUSCA DO TESOURO (14/11/2017)

 

A través do Proxecto Deportivo de Centro (PDC), por medio do programa Máis e Mellor Actividade Física, decidimos realizar unha actividade interdisciplinar ente a as áreas de Educación Física e Ciencias Naturais, para tentar concienciar ao alumnado da importancia da práctica de actividade física no medio natural, á vez que incidimos na importancia do seu coidado e conservación, como medio eficaz para previr os incendios forestais.

 

A actividade realizada consistiu nun xogo da busca do tesouro pola contorna do centro, contando para a súa elaboración e posta en práctica coa imprescindible colaboración que estaba a realizar as prácticas no centro.

 

Para comezar dividimos o alumnado en tres grupos, mesturando alumnado de tódalas idades en cada un deles. Asignamos a cada grupo unha cor (vermello, verde, azul) e dous mestres que os axudarían nas diferentes probas. Cada equipo sería unha brigada de incendios. En cada sitio había un artefacto incendiario simulado que debían desactivar ou recoller.

 

O xogo comezou na entrada do centro, onde o director lía unha carta dun carballo na que animaba aos brigadistas a superar diferentes probas para salvar o bosque e os edificios da contorna. Nesta carta o carballo daba unha pista a cada equipo que os dirixiría ao primeiro lugar onde realizar a súa misión.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut