Oxe venres tivemos unha colaboración moi especial no centro, a nai dun alumno achegouse ata aquí para axudarnos a realizar un obradoiro no que o noso alumnado puido ver como é o proceso de amasado e cocción do pan.
Dan man de Fina, aprendemos un pouco máis sobre os ingredientes necesarios para facer o noso pan, os diferentes tipos de cereais e as súas propiedades, e o máis importante, puideron facer eles mesmos o seu pequeno bolo.
Este obradoiro é a primeira parte dunha actividade que forma parte do proxecto anual "Aliméntate Ben" que desenvolvemos no centro. As experiencias manipulativas son sen dúbida unha das mellores maneiras de que a aprendizaxe se convirta nun xogo e se quede grabada na nosa memoria. Dende as máis cativas do centro, ata os mais maiores, incluidas as mestras e mestres, desfrutamos desta xornada e do noso pequeno boliño de pan.
Moitas gracias a Fina, pola gran actividade que preparou, demostrando unha vez máis que a implicación das familias no centro é moi importante e consegue actividades tan motivadoras e gratificantes coma esta, para o noso alumnado e para os mestres e mestras do centro.
Aquí tendes algunhas fotos da xornada.