Oxe realizamos no comedor escolar un obradoiro no que aprendemos todo sobre a elaboración de queixos. Nesta actividade, que é parte do proxecto "Lácteos na escola", acompañounos no centro Chelo, da Casa Quintián, leite que consumimos nos recreos nas nosas merendas saudables.
Da súa man o alumnado puido ver que tratamentos necesita o leite para realizar un queixo, os ingredientes, as ferramentas que necesitamos e as medidas hixiénicas e sanitarias que debemos ter para un bo tratamento do producto.
Tamén puideron ver e manipular ferramentas tradicionais e antigas para a elaboración de callada e manteiga, outros productos lácteos que están acostumados a consumir.
Todos puideron participar en cada paso do proceso, elaborando finalmente os seus propios queixiños, que oxe levamos para a casa logo de respectar o tempo necesario no refrixerador.
Gracias a Chelo por este xenial obradoiro. Adiviñades cal foi o postre de oxe no comedor? Exacto! As nosas propias elaboracións.
Aquí vós deixamos o proxecto desenvolto para visualizar e as fotos da xornada.