Skip to Content

Recollemos os froitos do noso horto!

Nesta xornada de venres, todo o centro acudimos ao noso horto para recoller algúns dos froitos que xa empezan a brotar no invernadoiro. 

Tiñamos moitas plantas dunha semente en concreto que naceu moi ben, polo que o alumnado aprendeu como transplantar unha planta e estivo a mover esta especie a outra zona do invernadoiro.

Logo, aproveitando a ocasión, reciclamos algunhas botellas de plástico que tiñamos como residuos do comedor escolar, e empregámolas para que cada nena e neno levara ese día para a súa casa un exemplar. 

Foi un gran traballo en equipo!



blog | by Dr. Radut