Bo día:
Que tal ides ? Imaxínome que estaredes a facer un montón de cousas nestes días tan raros.... xa que non podemos vernos, deixovos unha páxina para que podades repasar toda a xeografía, son xogos on line moi divertidos e moi doados de facer.
https://world-geography-games.com/es
Moito ánimo!!!!!!!
Bo día rapazas e rapaces de 5º e 6º, despois de moitos problemas coa tecnoloxía doméstica, aquí estou para comentarvos que en EDIXGAL tendes abertos novos temas de Inglés e tamén de Plástica.
Ollo, en inglés non haberá problemas porque xa puxen a Smart Classroom, pero en Plástica- se hai sorte- veredes un paquete Scorm que ten para 5º SOÑOS, FANTASÍA E IMAXINACIÓN e para 6º UNA IMAGEN ES IGUAL A MIL PALABRAS. Eu espero que poidades picar neles e introducir o tema, de non ser así xa verei como solucionalo.
O tema é que ten cousiñas interesantes para ver, pensar e mesmo facer si vos atopades con ánimos para inténtalo. Anímovos a facelo. Se, por el contrario, se vos fai difícil, pídovos que lembredes as actividades feitas na clase e tentedes replicalas sós fronte o perigo.
Pintar soplando, con bastonciños, con pinceis ou con anacos de esponxa poden ser una actividade divertida que podedes ensinar á familia, mesmo facer una exposición a modo de galería de arte para compartir cos compañeiros ou familiares que están noutro lugar. Podedes gañar una merecida fama de artistas con moita facilidade, o público está comprado!
Ata a próxima conexión despídome cun sorriso moi grande!
Bos días,
Son Rocío, e serei a vosa mestra en sustitución a María.
Déixovos unha proposta para traballar e seguir en contacto entre nos mentres quedamos na casa. Cada un debe propor un problema matematico en relación ao último explicado na clase. Os demais intentaremos resolvelos.
Para saber a que respondemos, indicaremos diante o nome da persoa que propuxo ese exercicio( exemplo: "a solución do problema de Candela é..."). Para estas respostas, déixovos a continuación un enlace a carpeta de Drive onde estará este documento( chamado "Mates entre todos") así como deixarei cousas colgadas máis a daiante.
https://drive.google.com/open?id=1aOWfTfW3mdtHrEiJ3We73sbvjfD9uwTK
Seguirei deixando propostas e subindo material. Aínda así, se algen precisa máis, o meu Email é : rocio.calvelo@gmail.com. Através de el contestarei dubidas ,así como enviarei máis material a quen mo pida.
Un saudo