O día 30 de marzo asistiron ao cole Antonia e José, os avoiños de Lucía de 5 anos para contarnos un conto popular ben bonito: Garavanciño.
José contáballes o conto mentres Antonia se encargaba da parte musical entoando o famoso "pachín, pachán, pachón..." que cantaba Garavanciño.
Despois de contar o conto e cantar a canción, Antonia e José lles deron ás nenas e nenos, un debuxo para colorear no que aparecía Garavanciño metido nun repolo e o boi.
E este foi o resultado final...
MOITAS GRACIAS POR PARTICIPAR