APLICACIÓN "abalarMóbil":
O medio de comunicación coas familias.
"abalarMóbil" é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos/as a través do teléfono móbil.
Entre outras funcións, dende a aplicación poderán:
Pedir cita co profesorado.
Recibir e, se é o caso, contestar a mensaxes do centro.
Recibir e xustificar as faltas de asistencia do alumnado.
Consultar as cualificacións do alumnado.
Trátase dunha aplicación móbil para os sistemas operativos : iOS e Android.
A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise dende Apple Store (se o sistema operativo é iOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).
Para descargar a guía da aplicación premer na imaxe:
Accedendo a esta guía pódense obter os códigos QR para descargar a aplicación.
As familias que non dispoñen da aplicación "abalarMóbil" tamén poden acceder aos mesmos datos mediante un ordenador, identificándose en https://edu.xunta.es/espazoabalar/ empregando un certificado dixital/DNIe ou Chave365.
Para máis información premer na imaxe: