Esta semana os nenos e nenas de infantil realizaron unha actividade sobre a toma de decisións, posto que en ocasións custa decidirse entre varias opcións por medo a equivocarse ou por querer obter todo e iso non é posible.
Primeiro falamos de que ás veces sabemos o que queremos, pero noutras non. Por iso vimos un pequeno fragmento dun capítulo das Tres Mellizas onde tiñan que tomar unha decisión.
A continuación, por parellas, a mestra lles plantexabas varias opcións e como equipo tiñan que escoller unha, traballando así a habilidade de chegar a acordos.
Por último xogamos ao xogo da botella, onde cando lle tocaba a un peque tiña que escoller nun breve espazo de tempo que quería facerlle a o seu compañeiro/a: cóxegas ou unha masaxe.