Iniciar sesión: Acceso

EDUCACIÓN RESPONSABLE: COMPARTIMOS

Esta semana os peques de infantil de 4 e 5 anos realizamos unha actividade na que recalcamos a importancia de compartir cos demais e do ben que nos sentimos cando o facemos.

A profe Rocío púxonos en varias situacións para saber o que faríamos e visionamos un vídeo de dous nenos/as, onde un tiña un bocadillo e outro non, e como o que o tiña non dubidaba en compartilo. Despois dous compañeiros viviron en primeira persoa unha situación similar e a resposta foi moi positiva.