Este ano o alumnado de 5º e 6º de Primaria, participamos na edición de Galiciencia 2020.
Dende o Parque Tecnolóxico de Galicia , participamos en dúas sesións on line.
Na primeira parte faláronnos da importancia da ciencia na vida e máis na saúde dado o momento que estamos a vivir. Gustounos moito a parte de Intelixencia Artificial, donde nos deron algunhas recomendacións para experimentar na casa (todas son de sinxelo acceso dende o buscador Google):
- Teachable machine (proxecto imaxe de IA)
-Lipsyne Youtube. Programa no que fas un playback e fai unha valoración do ben que cantas.
-Freddie Meter. A través do mítico grupo Queen, este programa pode valorar o ben que cantamos.
-Have i been pwned? Pregunta que lle podemos facer a Google para saber se a nosa conta de correo electrónico foi pirateada algunha vez.
-Phishing quiz Google. Test para averiguar se somos avispados gardando a seguridade dos nosos datos na rede.
No segundo día de Galiciencia puidemos seguir unha clase de electricidade gracias a uns materiais que nos mandaran previamente.
Conectamos cables, falamos de carga eléctrica, de polos opostos...emocionados quedamos e con ganas de máis!
Encantou nos esta edición e seguro que repetiremos!