Iniciar sesión: Acceso

ADIVIÑAS CON PEGADAS

Con motivo do II Concurso de Creación Literaria, as nenas e nenos de 3 anos decidimos facer unhas adiviñas, pero non unhas adiviñas calquera, unhas adiviñas con pegadas. Primeiro pensamos cada un, a cousa que se ía ter que adiviñar. Despois, coa axuda de todos os compañeiros e a mestra, iamos dicindo características das cousas escollidas para adiviñar. E, por último, seguindo algún patrón dalgunha adiviña coñecida por todos, fumos montando e enlazado todas as adiviñas. Como colofón, e xa para que nos quedaran requetebonitas, fixemos os debuxos das solucións de todas as adiviñas coas nosas pegadas.

Ben bonito nos quedou, ou non?


* Se vos apetece deixarnos algún comentario, podedes facelo dende o blogue da nosa aula http://www.patriysuclase.blogspot.com